Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia o concurso público mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria que se cita. (C.P. 19/2000).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, convoca o seguinte concurso público.

1. Entidade adxudicadora.

Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

Servicio de Loxística/Subministracións.

Pizarro nº 22.

36204-Vigo.

Teléfono 986 81 60 23.

Fax 986 81 60 65.

2. Modalidade da adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

3. a) Lugar da entrega da subministración: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar:

Implantes de cardioloxía, traumatoloxía e radioloxía intervencionista. Cun orzamento total de 297.741.900 ptas. (1.789.464,86 euros) IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/o polo conxunto

das subministracións requiridas: ver prego de cláusulas administrativas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver folla de especificacións.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto nº 1.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 25-4-2000.

6. a) Data límite da recepción das ofertas: 2-5-2000.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto nº 1.

c) Lingua o linguas nas que se deben redactar: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 15-5-2000. 8.30 horas, sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

8. Fianzas e garantías esixidas.

Provisional: 2% do orzamento de licitación de cada un dos lotes ós que se licite.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación do lote/s adxudicado/s.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver prego de cláusulas administrativas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicions mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas. (Folla de especificacións).

15. Información complementaria. Anuncios: o importe da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais correrá por conta dos adxudicatarios.

16. Data da publicación da preinformación: 16-11-1999.

17. Data de envío do anuncio: 27-3-2000.

18. Data de recepción do anuncio.

Vigo, 13 de marzo de 2 000.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo