Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2000 pola que se anuncia o concurso, polo procedemento aberto, para a adquisición de dous vehículos e a venda doutros dous do parque móbil do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de adquisición:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 15/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación, polo procedemento aberto, para a adquisición de dous vehículos e a venda doutros dous do Parlamento de Galicia.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 15, do 24 de xaneiro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 22.518.000 ptas., IVE incluído.

Vehículo 1: 13.916.000 ptas.

Vehículo 2: 8.602.000 ptas.

5. Adxudicación.

a) Data: 3 de marzo de 2000.

b) Contratista: Brea Hervés, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación:

* Adquisición de dous vehículos:

-Vehículo 1: Audi A8 4.2 Quattro Triptronic:

Prezo base: 11.412.841 ptas.

Melloras susceptibles de aceptación: 1.011.559 ptas.

Prezo máximo: 12.424.400 ptas.

-Vehículo 2: Audi A6 2.8 Quattro Triptronic:

Prezo base: 6.979.072 ptas.

Melloras susceptibles de aceptación: 662.728 ptas.

Prezo máximo: 7.641.800 ptas.

* Venda de dous vehículos do Parlamento de Galicia:

-Audi A6 2.8, matrícula C-6531-BJ

Importe: 1.800.000 ptas.

-Wolkswagen Passat VR6, matrícula C-1041-BL

Importe: 1.200.000 ptas.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2000.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia