Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2000 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da asistencia técnica para a asistencia a usuarios con destino ó Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable. (Expediente 6/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Número de expediente: 6/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Asistencia técnica para a asistencia a usuarios con destino ó CIXTEC.

b) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: público.

4. Orzamento base de licitación.

Sete millóns trescentas cincuenta mil pesetas (7.350.000 ptas.) IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 147.000 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación: 294.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación da documentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particuares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificante da data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 13 horas do cuarto día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó de finalización do prazo de presentación das proposicións, no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable