Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dos expedientes sancionadores de incendios 181I e 248I/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no

anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción administrativa á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 1), e do seu regulamento, aprobado por Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial desta consellería na Coruña, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

A Coruña, 1 de marzo de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 181I/1999.

Denunciada: Rivadas Barreiro, Edelmira.

DNI: 33.218.028.

Último enderezo coñecido: Lugar de San Lázaro, 11 Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos denunciados: queimar en época prohibida.

Tipificación: moi grave Art. 138.a

Sanción proposta: 50.001 ptas.

Expediente: 248I/1999.

Denunciado: García Lantras, Antonio.

DNI: 32.377.749.

Último enderezo coñecido: Pelanez, 3 Culleredo (A Coruña).

Feitos denunciados: queimar sen autorización.

Tipificación: grave Art. 137.b.

Sanción proposta: 10.000 ptas.