Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000, da Delegación Povincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de pesca fluvial 99/0194.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, segundo o artigo 40 da Lei de pesca fluvial de Galicia en concordancia co artigo 101 do seu regulamento.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no Art. 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Conforme o establecido no Art. 13.2º do R.D. 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolucion, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no Art. 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución, porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lle ser facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 1 de marzo de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: pesca 99/0194.

Denunciado: Suárez Pérez, Pedro.

DNI: 33.248.545.

Último enderezo coñecido: San Lázaro, 72-Amio, Santiago de Compostela (A Coruña).

Infracción: corta de árbores na marxe do río Sionlla sen autorización.

Tipificación: artigo 34.22º da Lei de pesca fluvial en concordancia co artigo 91.21º do seu regulamento.

Sanción proposta: 109.601 ptas. un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.