Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, mediante concurso público e polo procedemento aberto, para a subministración, en dous lotes, de vestiario para uso das unidades da policía nacional adscritas á Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración, en dous lotes, de vestiario para uso das unidades da policía nacional adscritas á Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Número de unidades que hai que entregar: segundo o sinalado no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: segundo a seguinte desagregación:

-Lote 1: pantalóns de inverno, pantalóns de verán, camisas de manga longa, camisas de manga curta, xerseis, pantalóns para unidades especiais de motos, camisolas de manga longa, camisolas de manga curta, camisetas, cazadoras rurais e gorras viseira tipo béisbol.

-Lote 2: botas rurais, zapatos para home de inverno e zapatos para home de verán.

d) Lugar de entrega: o sinalado pola Administración contratante.

e) Prazo de entrega: un (1) mes contado desde a data da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 14.130.000 ptas., IVE incluído, segundo a desagregación:

-Lote 1: 11.150.000 ptas.

-Lote 2: 2.980.000 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional.

-Lote 1: 223.000 ptas.

-Lote 2: 59.600 ptas.

-Lote 1 e 2: 282.600 ptas.

b) Definitiva.

-Lote 1: 446.000 ptas.

-Lote 2: 119.200 ptas.

-Lote 1 e 2: 565.200 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 45 17/54 64 41.

e) Fax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ó décimo terceiro día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771-Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.

f) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5-3ª planta.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás nove horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais