Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 6 de marzo de 2000 pola que se acorda a denegación da prórroga e extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:

Antecedentes de feito

1. Por orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE nº 254), outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 230, do 30 de novembro), outórgase concesión administrativa a Ernesto Barreiro Coira para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 446,15 m, por un período de 10 anos, prorrogables por petición do interesado.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 233, do 5 de decembro), outórgase concesión administrativa a Francisco Castromán López para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 830,20 m, por un período de 10 anos en precario, prorrogables por petición do interesado.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 224, do 22 de novembro), outórgase concesión administrativa a José Campos Rifón para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 404,45 m, por un período de 10 anos en precario, prorrogables por petición do interesado.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 234, do 6 de decembro), outórgase concesión administrativa a José Farto Antelo para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 1.256,25 m, por un período de 10 anos en precario, prorrogables por petición do interesado.

Por Orde ministerial do 21 de xaneiro de 1975 (BOE nº 26, do 30 de xaneiro), outórgase concesión administrativa a Industrial Marisquera, S.A. para instalar un parque de cultivo de moluscos na ría de Arousa, cunha ocupación de 59.760 m, por un período de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados. Por Orde do 7 de decembro de 1984 (DOG nº 23, do 1 de febreiro) autorízase o cambio de dominio a favor de Viveiros de Carril, S.A.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 230, do 30 de novembro), outórgase concesión administrativa a José Crespo González para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación

de 2.772 m, por un período de 10 anos, en precario, prorrogables por petición do interesado.

Por Orde do 31 de xullo de 1984 (DOG nº 186, do 27 de setembro), outórgase concesión administrativa á confraría de pescadores Santiago Apóstolo do Carril para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 10.336 m, por un período de 10 anos, prorrogables por petición do interesado.

Por orde do Ministerio de Comercio 68/1976 (BOE nº 234, do 29 de setembro), outórgase concesión administrativa a Rolando Vidal Dios e José Luis Abelenda Gómez para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos na zona marítimo-terrestre do Carril, cunha ocupación de 9.462 m, por un período de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.

2. Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecue a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.

3. Aprobada a fase de revisión do citado proceso por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, de data 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ó inicio da fase de reordenación, da que xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.

Fundamentos xurídicos

1. Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no R.D. 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

2. Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expiraron, e de conformidade co disposto na letra C do artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, as concesións extinguiranse polo vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e se concedese prórroga.

Por todo o anterior, esta consellería facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denega-las prórrogas solicitadas e proceder, de conformidade co artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, á extinción das concesións relacionadas no anexo á presente orde.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa, ámbolos dous prazos contaranse desde

o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no Art. 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o Art. 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

1. Orde do 7 de outubro de 1975 pola que se outorgan 930 concesións administrativas para instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

Parcela nºConcesionariom

59Marcial González Abelenda285
94Marcial González Abelenda60
100Marcial González Abelenda216
105José Mollinedo Veloso352
110Marcial González Abelenda357
119Marcial González Abelenda205
148Josefa Farto Iglesias32
149Constantino Silva Ramos24
154Roque Ramos Crespo256
188Roque Ramos Crespo58
190Roque Ramos Crespo43
192Camen Teijeiro Ramos

C/D Mª Mercedes Pérez Teijeiro

(DOG 136/1990)

358
194Francisco Singul Cardalda89
196Marcial González Abelenda73
198Manuel Crespo Pereira65
210Fernando Dios Teijeiro52
240Marcial González Abelenda400
288Marcial González Abelenda110
321Julio Oviedo Castro

C/D Julia Oviedo Iglesias

(DOG 122/1989)

133
324Carmen Mollinedo Saborido54
372Constantino Silva Ramos62
391Marcial González Abelenda230
400Francisco Singul Cardalda82
410Elvira García Ramos139
415Julio Oviedo Castro

C/D Julia Oviedo Iglesias

(DOG 122/1989)

208
417Carmen Teijeiro Ramos

C/D Mª Mercedes Pérez Teijeiro

(DOG 136/1990)

94
435Antonia Seoane García106
458Carmen Teijeiro Ramos

C/D Mª Mercedes Pérez Teijeiro

(DOG 136/1990)

29
460Josefa Iglesias Ramos11
468Antonia Seoane García214
476Francisco Singul Cardalda82
484Juan Pérez Diéguez38
487Salvador Abalo Patiño91
520Josefa Costas Franco69
527Francisco Singul Cardalda333

Parcela nºConcesionariom

565Josefa Iglesias Ramos578
573Juan Pérez Diéguez88
574Marcelino García Suero298
596Mariscos de Arcade, S.L.

C/D Miguel Velasco Pazos

(DOG 22/1985)

3.123
619Ventura Vidal Longa226
829Juan Torrado Maneiro112
836Francisco Castromán López1.050
838Antonio Duro Insua708
839José Campos Rifón

C/D Guillermo B. e Roque Grande Reboeiras

(DOG 21/1985)

647
860Juan Torrado Maneiro122
864Juan Torrado Maneiro25
898Manuel Lois Pérez

C/D Luis Rodríguez López

(DOG 94/1985)

43
899Manuel Lois Pérez

C/D Luis Rodríguez López

(DOG 93/1985)

57
922José Farto Antelo473
924Manuel López Eiras

C/D Pablo Iglesias Vilaboa e

Manuel Rodríguez Domínguez

(BOE 91/1970)

234

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 230, do 30 de novembro), outórgase concesión administrativa a Ernesto Barreiro Coira para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 446,15 m.

Parcela nºConcesionariom

Exp. 5518Ernesto Barreiro Coira446,15

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 233, do 5 de decembro), outórgase concesión administrativa a Francisco Castromán López para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 830,20 m.

Parcela nºConcesionariom

Exp. 5453Francisco Castromán López830,20

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 224, do 22 de novembro), outórgase concesión administrativa a José Campos Rifón para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 404,45 m.

Parcela nºConcesionariom

Exp. 5519José Campos Rifón

C/D Guillermo B. e Vicente Roque Grande

404,45

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 234, do 6 de decembro), outórgase concesión administrativa a José Farto Antelo para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 1.256,25 m.

Parcela nºConcesionariom

Exp. 5455José Farto Antelo1.256,25

Por Orde ministerial do 21 de xaneiro de 1975 (DOG nº 26, do 30 de xaneiro), outórgase concesión administrativa a Industrial Marisquera, S.A. para instalar un parque de cultivo de moluscos na ría de Arousa, cunha ocupación de 59.760 m. Por Orde do 7 de decembro de 1984 (DOG nº 23, do 1 de febreiro) autorízase o cambio de dominio a favor de Viveiros Carril, S.A.

Parcela nºConcesionariom

1022

1054

Industrial Marisquera, S.A.

C/D Viveiros de Carril, S.A.

59.760

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 23, do 30 de novembro), outórgase concesión administrtiva a José Crespo González para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 2.772 m.

Parcela nºConcesionariom

5543José Crespo González2.772

Por Orde do 31 de xullo de 1984 (DOG nº 186, do 27 de setembro), outórgase concesión administrativa á a confraría de pescadores Santiago Apóstolo do Carril para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 10.336 m.

Parcela nºConcesionariom

Exp. 5488Confraría de P. Santiago Apóstolo10.336

Por orde do Ministerio de Comercio 68/1976 (BOE nº 234, do 29 de setembro), outórgase concesión administrativa a Rolando Vidal Dios e José Luis Abelenda Gómez para instalar un parque de cultivo de moluscos na zona marítimo-terrestre do Carril, cunha ocupación de 9.462 m.

Parcela nºConcesionariom

Exp. 9744Rolando Vidal Dios e

José Luis Abelenda Gómez

9.462