Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/230-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Rilleira.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.091 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 49 da L.M.T. LAL 809 ata o C.T. que se proxecta en Rilleira, concello de Lalín. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 190 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos propietarios dos predios afectados, presenta alegacións o propietario do predio nº 14, representado pola súa nai, solicitando

se lle remita información detallada da afección do seu predio.

Trasladado o escrito á empresa peticionaria da instalación, esta contesta dicindo que o trazado da líña pasa polo lindeiro do predio 14 co 15 e que o apoio 8 está situado no lindeiro leste e o 9 próximo á estrada N-640. Trasladada a contestación da empresa ó propietario do predio nº 14, este non contesta no prazo concedido para iso.

Considerando que a liña pasa polo lindeiro entre os predios 14 e 15 e polo tanto non impide a súa utilización e supón a menor servidume posible.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 28 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra