Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/321-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e .R.B.T. A Florida B, parcela 18.

Situación: Concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., de 94 m de lonxitude, desde un punto da L.M.T. BAL 718, entre os C.T.

de Manuel Castro e o de Martín Echegaray ata o punto citado para a orixe concello de Vigo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV/380-220 V, na rúa Martín Echegaray. R.B.T. subterránea de 94 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. que se proxecta da Florida B, parcela 18.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 28 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra