Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/93-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Román-Priegue.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 233 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 2 da L.M.T. ó C.T. Mámoa ata o C.T. que se proxecta en San Román-Priegue, concello de Nigrán. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 265 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos propietarios afectados polo paso da liña, o propietario do predio nº 3 presenta dúas posibles alternativas ó trazado de liña.

Trasladadas as alegacións á empresa eléctrica, esta contesta que o dono do predio servinte poderá solicita-lo cambio do trazado, comprometéndose previamente a acredita-la conformidade dos novos propietarios afectados e que a alternativa proposta non pode superar en lonxitude o 10% da parte da liña que é obxecto da variación, o que si sucede coa alternativa proposta. Deuse traslado do escrito da empresa eléctrica ó propietario do predio nº 3.

Considerando que non se facilitou por parte do alegante a xustificación que determina o Decreto 2619/1966, artigo 25 «limitacións» e que ademais a 1ª variante proposta prexudica claramente ós predios 6 e 8, e a variante nº 2 suporía que non se poderían cumpri-las condicións do artigo 26 en canto a lonxitude e custo.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 28 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra