Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.512

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de marzo de 2000 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria número 1 de Ribadeo (Lugo).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os correspodentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros de Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Ribadeo.

Localidade: Ribadeo.

Código do centro: 27010933.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 1 de Ribadeo.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Dionisio Gamallo Fierros.