Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación da unidade de execución IV-13 Ramón Nieto 7 (expediente 4202/401).

A Xunta de Compensación da unidade de execución IV-13 Ramón Nieto 7, en data do 11 de xaneiro de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de compensación da devandita unidade de execución, presentado no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo en data do 14 de marzo pasado.

De conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia para que se presenten cantas alegacións ou documentos se estimen convenientes.

O expediente atópase á disposición do púbico na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Vigo, 20 de marzo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo