Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (Sec-1999000093).

En cumprimento do disposto no artigo 140 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, por medio deste anuncio faise público que o proxecto de estatutos do consorcio para o servicio contra incendios e de salvamento da comarca de Verín, atópase exposto ó público por prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, na Secretaría do Concello de Verín. Durante o dito prazo os interesados poderán examina-lo proxecto e presenta-las observacións ou suxestións que estimen precisas.

Verín, 15 de marzo de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Presidente da Comisión Xestora