Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de exposición pública.

En sesión ordinaria da asemblea xeral da Xunta de Compensación da unidade de actuación situada na confluencia da rúa de Sánchez Freire e avenida

de Antonio Fraguas, que tivo lugar o día 15 de febreiro de 2000, acordouse a aprobación inicial do proxecto de compensación da citada unidade de actuación.

De conformidade co disposto nos artigos 102.4º e 133.8º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podéndose consulta-lo expediente na sede da Xunta de Compensación, rúa Nova de Abaixo, 23, 1º G, Santiago de Compostela, e no Servicio de Planeamento e Xestión do concello de Santiago.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde