Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

BASES reguladoras da convocatoria do concurso-oposición para cubrir, polo sistema de promoción interna, unha praza de administrativo de Administración xeral.

Primeira.-Obxecto da convocatoria e sistema de selección:

Convócanse probas selectivas para a provisión en propiedade dunha praza encadrada na escala de Administración xeral-subescala administrativa, grupo C do artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, vacante no cadro de persoal deste concello segundo a oferta de emprego de 1997, está dotada coas retribucións básicas deste grupo, as complementarias do posto de traballo que lle corresponda, pagas extraordinarias e os trienios devengados conforme as disposicións vixentes.

O sistema selectivo é o de concurso-oposición, promoción interna, polo que só poderán concorre-los/as funcionarios/as de carreira deste Concello de Redondela, pertencentes ó grupo D da escala de Administración xeral, conforme o establecido no artigo 22 da Lei 30/1984.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Para seren admitidos á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser funcionario/a de carreira deste concello, e levar alomenos dous anos no grupo D: auxiliar administrativo e atoparse en servicio activo na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

b) Estar en posesión do título ou certificado de bacharelato superior, FP de segundo grao ou equivalente, ou ter unha antigüidade de dez anos en propiedade no grupo D como auxiliar administrativo.

c) Ter ingresado na Tesourería Municipal a cantidade de 3.000 pesetas en concepto de dereitos de exame.

d) Os demais requisitos previstos na lexislación de aplicación.

Terceira.-Presentación de solicitudes e documentación.

A solicitude para tomar parte neste concurso-oposición dirixirase ó alcalde-presidente deste concello e presentarase no rexistro xeral do mesmo dentro do prazo de 20 días naturais, contados desde o seguinte a aquel no que apareza publicado o anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Tamén poderá presentarse na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LPAC).

Á solicitude engadirase:

-Fotocopia do DNI.

-Currículum vitae.

-Documentación acreditativa dos méritos que alegue posuír, debidamente xustificados ou certificados, para que o tribunal os analice e valore, antes da realización da fase da oposición, segundo o baremo establecido na base sétima das presentes.

-Carta de pagamento acreditativa de ter aboado os dereitos de exame.

Tanto os requisitos enumerados na base segunda como os méritos alegados, deberán posuírse no momento de finaliza-lo prazo de admisión de solicitudes e, agás a documentación xustificativa dos méritos alegados que debe achegarse xunto coa solicitude, bastará con manifestar na instancia que se reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos.

Os erros de feito que se advirtan poderán emendarse en calquera momento de oficio ou por instancia de parte.

Cuarta.-Admisión dos aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de instancias, o alcalde dictara resolución, aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos, se é o caso, sinalándose un prazo de dez días hábiles para emenda, designando o tribunal cualificador e o lugar e a data

do comezo do primeiro exercicio, todo o cal se publicará no BOP e no taboleiro de anuncios do concello para efectos de emendas, reclamacións ou recusacións.

Quinta.-Tribunal cualificador. Actuación.

Conforme o R.D. 364/1995, do 10 de marzo estará integrado por:

Presidente: o titular da corporación ou membro dela en quen delegue.

Secretario: o titular da corporación ou funcionario/a en quen delegue.

Vocais:

Un/unha representante da Comunidade Autónoma.

Un/unha funcionario/a de carreira da escala de Administración xeral do concello, designado/a polo alcalde.

Un concelleiro en representación de cada un dos grupos políticos municipais.

Un/unha representante da xunta de persoal.

O tribunal quedará integrado ademais polos suplentes respectivos que serán designados xunto cos titulares.

Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza ou estar integrados no grupo de licitación que corresponda a aquela e na súa designación deberá velarse polo cumprimento do principio de especialidade.

Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte del cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992. Os aspirantes poderán recusalos.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

O tribunal resolverá as dúbidas que xurdan da aplicación destas bases e poderá tomalos acordos que correspondan para aqueles supostos non previstos nelas. As decisións adoptaranse por maioría de votos dos/as membros, resolvendo os empates, se é o caso, co voto de calidade do presidente.

O tribunal no seu conxunto poderá solicita-la asistencia de asesores especialistas que limitarán a súa actuación a colaborar co órgano de selección no exercicio das súas especialidades técnicas.

Tódalas actuacións do tribunal publicaranse no taboleiro de edictos da corporación ou no lugar onde se leven a cabo as probas.

O tribunal non poderá declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó da praza que se convoca, incorrendo en caso contrario en nulidade de pleno dereito.

Sexta.-Desenvolvemento do concurso-oposición.

A base de concurso será anterior á da oposición, debendo reunirse os membros do tribunal con setenta e dúas horas de antelación ó inicio dos exercicios

co obxecto de examinar e cualificar os méritos alegados polos/as aspirantes de conformidade co baremo fixado na base seguinte.

Cando, ó suma-la puntuación obtida na avaliación dos méritos indicados, se obteña unha cifra superior á indicada como máxima en cada un dos epígrafes ou subepígrafes da fase de concurso, desbotarase este sobrante. A cualificación final da fase de concurso deberá publicarse no taboleiro de edictos do concello como mínimo 48 horas antes do inicio da fase de oposición.

De acordo co disposto no artigo 23.1º do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aprobou o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna para os funcionarios da Comunidade Autonóma galega, os funcionarios que participen poden quedar exentos do exame daquelas materias das que teñan coñecemento suficiente acreditado polo exame esixido no seu día para acceder ó posto que veñen desempeñando ou do que proceden.

Unha vez comezado o concurso-oposición, os anuncios do desenvolvemento dos restantes exercicios faranse públicos polo tribunal no local onde se realizasen as probas anteriores, con vintecatro horas cando menos de antelación do seu comezo se se trata dun novo exercicio.

Desde a total conclusión dun exercicio ata o comezo do seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 72 horas, agás que, por acordo unánime dos aspirantes, se decida efectualos de modo continuo no mesmo día.

O proceso selectivo non poderá exceder de quince días desde o comezo, entendendo este momento como o da fase de cualificación de méritos.

Sétima.-Cualificación da fase de concurso.

Coa finalidade de determina-la cualificación desta fase será aplicado o seguinte baremo de méritos:

a) Antigüidade.

0,20 puntos por ano de servicio prestado á Administración como auxiliar administrativo en propiedade, ata un máximo de 4 puntos.

b) Formación profesional.

Cursos de formación e perfeccionamento, programados ou impartidos por centros oficiais, relacionados directamente coas funcións da praza convocada e referidos á normativa actualmente vixente, valorados polo tribunal en función da súa duración, actualización, aproveitamente ou outros criterios análogos, de conformidade coas seguintes especeficacións:

1. Por cursos sobre procedemento administrativo, urbanismo e contratación. Máximo 3,5 puntos, según o seguinte baremo:

-Por cada curso de duración igual ou superior a 50 horas: de 0,1 a 1,75 puntos.

-Por cada curso de duración igual ou superior a 30 horas: de 0,1 a 1 punto.

-Por cada curso de duración igual ou superior a 20 horas: de 0,1 a 0,50 puntos.

-Por asistencia a xornadas, seminarios ou similares: de 0,1 a 0,25 puntos.

2. Por cursos sobre informática relativos a sistemas operativos, tratamento de textos, base de datos ou similares, máximo 1,5 puntos, segundo o seguinte baremo:

-Por cada curso de duración igual ou superior a 30 horas: de 0,1 a 1 punto.

-Por cada curso de duración igual ou superior a 20 horas: de 0,1 a 0,50 puntos.

3. Por cursos sobre a lingua galega, máximo 2 puntos:

-Por iniciación: 0,5 puntos.

-Por perfeccionamento: 0,75 puntos.

-Cursos de linguaxe administrativa galega: nivel básico, 1 punto; nivel medio, 1,5 puntos e nivel superior, 2 puntos.

A puntuación destes cursos non é acumulable polo que soamente se terá en conta o de superior nivel.

4. Outros cursos e xornadas que valorará o tribunal en función da súa adecuación á praza: na súa totalidade, de 0,1 a 1 punto máximo.

c) Formación académica.

Estar en posesión doutras titulacións académicas distintas das esixidas ata un máximo de 3 puntos: polas de licenciatura: 2 puntos, diplomatura 1,5 puntos e bacharelato ou formación profesional 0,50 puntos.

d) Experiencia profesional.

-Por cada ano completo ou fracción superior a 6 meses de servicios prestados na administración local como funcionario de carrera ou interino con cargo a praza de administrativo: 0,50 puntos.

-Por cada ano completo ou fracción superior a 6 meses de servicios prestados noutra Administración pública como funcionario de carreira, interino ou persoal laboral como administrativo: 0,20 puntos.

A puntuación total non poderá exceder de 5 puntos.

Oitava.-Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio: de carácter teórico, constará de dúas fases:

a) Resolverase, por escrito, durante o período máximo de media hora, un cuestionario tipo test preparado polo tribunal, de 40 preguntas con tres respostas alternativas referidas á parte xeral do programa anexo. Cada pregunta, atinada ou errada, suma ou resta, respectivamente, 0,25 puntos.

b) Consistirá en desenvolver, por escrito, durante o periodo máximo de dúas horas, un tema da parte

específica do programa determinado polo tribunal inmediatamente antes de realizarse o exercicio.

Segundo exercicio: realización, no tempo máximo de dúas horas, dun ou varios supostos prácticos propostos polo tribunal, relacionados co programa. Poderanse usar textos legais non comentados.

Terceiro exercicio: traducción dun texto da linguaxe administrativa do castelán ó galego, concedéndose o tempo que considere adecuado o tribunal atendendo á extensión do traballo que se vai realizar.

Novena.-Cualificación dos exercicios.

Os dous primeiros exercicios terán carácter eliminatorio e serán cualificados por cada un dos membros do tribunal de cero a vinte puntos cada un, sendo necesario para aprobar obter un mínimo de dez puntos. As dúas fases nas que se divide o primeiro exercicio terán tamén carácter eliminatorio polo que para superalas será preciso obter 5 puntos en cada unha das fases. O terceiro exercicio, non eliminatorio, cualificarase de cero a dez puntos.

As cualificacións adoptaranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal asistentes á avaliación da proba e dividindo o total polo número de membros cualificadores, sendo o cociente a cualificación definitiva. As cualificacións de cada exercicio serán publicadas o mesmo día no taboleiro de anuncios.

A suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e en cada un dos exercicios da oposición constituirá a cualificación final.

Décima.-Lista de aprobado, presentación de documentos e nomeamento.

Rematadas as probas e a súa cualificación, o tribunal fará público o resultado e elevará proposta ó alcalde para o nomeamento do/a único/a aspirante aprobado/a como funcionario/a de carreira.

O/a aspirante proposto/a achegará, dentro do prazo de vinte días naturais desde que se faga pública a lista, certificación expedida polo secretario da corporación acreditando a súa condición de funcionario/a de carreira e -se é o caso- cantas circunstancias sexan precisas.

Unha vez presentada a documentación, o alcalde nomeará, no prazo de tres días, o/a aspirante proposto/a funcionario/a de carreira como administrativo/a de Administración xeral, grupo C. A resolución de nomeamento notificaráselle ó/á interesado/a que deberá tomar posesión no prazo máximo dun mes; de non facelo no prazo indicado, sen causa xustificada, quedará na situación de cesante.

Décima primeira.-Publicación.

As presentes bases, xunto coa convocatoria, publicaranse integramente no BOP, publicándose ademais unha referencia no DOG e o anuncio pertinente no BOE.

Décima segunda.-Réxime xurídico.

Este proceso selectivo rexerase polo disposto nas presentes bases e no non previsto nas mesmas pola Lei 30/1984, do 2 de agosto, coas modificacións posteriores, polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo Real decreto 364/1995, polo que se aprobou o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración do Estado, o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, sobre procedemento de selección na Administración local, Decreto 93/1991, do 20 de marzo, da Consellería da Presidencia e Administracións Pública, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e demais disposicións concordantes.

Disposición derradeira.-Impugnacións.

A presente convocatoria, as súas bases e os actos administrativos que se deriven dela e das actuacións do tribunal poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO

PROGRAMA

Parte xeral.

I. Dereito político e constitucional.

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estado. A división de poderes. Funcións e poderes do Estado.

Tema 3. As cortes xerais. A Coroa.

Tema 4. A Administración do Estado no ordenamento español, estructura e funcións. A Administración periférica. A administracións institucional e corporativa.

Tema 5. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 6. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

II. Principios de dereito administrativo xeral.

Tema 7. O ordenamento xurídico administrativo: estructura e características. A lei e as súas clases. Regulamentos.

Tema 8. O procedemento administrativo: principios xerais da normativa reguladora do procedemento administrativo.

III. Administración local.

Tema 9. A Administración local. Entes. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 10. Organización e competencias municipais.

Tema 11. Facendas locais. O orzamento local. Control e fiscalización da xestión económica e financeira das EE.LL.

Tema 12. Función pública local. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Parte específica.

Tema 1. Principios xerais da actividade das administracións públicas. Órganos delas: principios xerais, competencia e réxime de actuación.

Tema 2. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Requisitos de constitución. Votación. Actas e certificados de acordos.

Tema 3. Disposicións xerais e actos administrativos. Requisitos e eficacia dos actos.

Tema 4. O procedemento administrativo. Dimensión temporal. Días e horas hábiles. Cómputos de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 5. Procedemento administrativo: iniciación, ordenación e instrucción. Obriga de resolver. O silencio administrativo.

Tema 6. Procedemento administrativo: remate e execución dos actos administrativos.

Tema 7. A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 8. Recursos administrativos: concepto e clases.

Tema 9. Potestade sancionadora: principios. O procedemento sancionador.

Tema 10. Contratación administrativa: principios xerais da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. Ámbito de aplicaicón. Carácter e réxime xurídico dos contratos das administracións públicas.

Tema 11. Concepto e clases de contratos administrativos.

Tema 12. A selección do contratista. Tramitación dos expedientes de contratación administrativa.

Tema 13. Procedemento de adxudicación dos contratos.

Tema 14. Requisitos e prohibicións para contratar. Dereitos e deberes do contratista e da Administración.

Tema 15. O dereito urbanístico: aspectos xerais da súa evolución en España e en Galicia. a nova Lei 6/1998, do réxime do solo e valoracións. Motivos da súa aprobación. Antecedentes.

Tema 16. A Lei 1/1997, do solo de Galicia. Xustificación, principios inspiradores e xerais. Innovacións.

Tema 17. Distribución constitucional de competencias en materia de ordenación do territorio, urba

nismo e vivenda. Conflicto de normas estatais e autonómicas. Instrucción da Consellería de Ordenación do Territorio, Obras Públicas e Vivenda.

Tema 18. O réxime urbanístico da propiedade según as distintas clases de solo: disposicións xerais. Dereitos e deberes dos propietarios. Expropiacións urbanísticas.

Tema 19. Planeamento urbanístico e os instrumentos de ordenación do territorio. Concepto. Diferencia e clases de instrumentos. O planeamento urbanístico: carácter e clases. Os plans xerais de ordenación municipal. Os proxectos de ordenación do medio rural.

Tema 20. Plans parciais, plans especiais, estudios de detalle, proxectos de urbanización.

Tema 21. Elaboraciaón e aprobación dos instrumentos de planeamento: orixinais e secundarios. Vixencia e revisión dos plans. Efectos da aprobación dos plans.

Tema 22. Clasificación, cualificación e réxime das distintas clases de solo segundo a LESGA.

Tema 23. Xestión urbanística: distribución de cargas e beneficios. Áreas de reparto e aproveitamento tipo. Polígonos.

Tema 24. Execución dos plans de ordenación. Sistemas de actuación: compensación, cooperación e expropiación.

Tema 25. Actuacións asistemáticas. Transferencias de aproveitamento urbanístico. Parcelacións e reparcelacións. Obtención de terreos de sistemas xerais e dotacionais públicos.

Tema 26. Intervención administrativa na edificación e uso do solo. Licencias. Deber de conservación e ruína.

Tema 27. Protección da legalidade urbanística. Infraccións urbanísticas e sancións. Clases, suxeitos responsables. Procedementos de reposición da legalidade urbanística.

Tema 28. Normativa vixente en materia urbanística no Concello de Redondela. Normas subsidiarias de planeamento de ámbito municipal.

Redondela, 4 de febreiro de 2000.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde