Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

INFORMACIÓN pública. Licitación.

1. Entidade adxudicadora. Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato: adquisición de terreos con destino á construcción dun punto limpo, mínimo 2.000 metros cadrados de terreo cualificado como non urbanizable de réxime xeral.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 1.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 20.000 pesetas.

Definitiva: dada a natureza do contrato, non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Monterroso, praza de Galicia nº 1, código postal 27560 Monterroso (Lugo), teléfono 982 37 70 01.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no DOG, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre B, subtitulado oferta económica que deberá formularse conforme modelo que figura no prego, cláusula VIII.

Sobre A, subtitulado personalidade xurídica; conterá a documentación á que se refire a cláusula VIII, do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Monterroso, praza de Galicia nº 1.

Admisión de vairantes: admítese a formulación de variantes, debendo neste caso achega-los correspondentes informes técnicos xustificativos delas.

8. Apertura de plicas: no salón de sesións da casa do concello, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

Monterroso, 23 de marzo de 2000.

Antonio E. Gato Soengas

Alcalde-presidente