Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 10 de febreiro de 2000, o proxecto técnico de finalización da residencia terceira idade (anualidade 2000), redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla, queda exposto ó público na secretaría deste concello, durante o prazo de quince días hábiles, que comezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción deste edicto no BOP, para efectos de exame e reclamacións.

Na mesma sesión tamén se aprobaron os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o concurso público por procedemento aberto da obra de finalización residencia terceira idade (anualidade 2000), expóñense ó público por un prazo de oito días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas. Pola súa vez, convócase licitación pública para a adxudicación da citada obra, que quedaría aprazada no suposto de presentárense reclamacións ó proxecto técnico ou prego, reiniciándose, o que reste, a partir do día seguinte ó da resolución das reclamacións.

Obxecto do contrato: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, da obra de finalización residencia terceira idade (anualidade 2000).

Tipo de licitación: é de 24.000.000 de ptas., con IVE incluído.

Prazo de execución: 5 meses.

Garantías: a provisional establécese en 480.000 ptas. e a definitiva igual ó 4% do importe de adxudicación.

Prazo de presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar ás nove horas do primeiro día hábil seguinte ó que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na correspondente cláusula do prego de condicións.

Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición e en sobre cerrado os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios, así como tódolos derivados do contrato.

Vila de Cruces, 29 de febreiro de 1999.

Alcalde-presidente

Rubricado