Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación das obras de tratamentos silvícolas nos montes Pena e Confurco de Fruíme, pertencentes ós concellos de Rianxo e Lousame (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: tratamentos silvícolas nos montes Pena e Confurco de Fruime pertencentes ós concellos de Rianxo e Lousame (A Coruña).

2.2. Prazo de execución: sete (7) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vinteún millóns duascentas cincuenta e sete mil cincocentas corenta e sete (21.257.547) pesetas (127.760,43 euros) IVE incluído.

5. Fianza provisional: non se esixe.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento da contrata: oitocentas cincuenta mil trescentas dúas (850.302) pesetas (5.110,42 euros).

7. Obtención da documentación.

7.1. Copistería Copy Nino.

7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15701.

7.4. Teléfono: 981 58 89 38.

8. Información.

8.1. Dirección: rúa dos Basquiños, nº 2.

8.2. Teléfono: 981 54 17 49.

9. Requisitos específicos do contratista.

9.1. Clasificación: categoría C, grupo K, subgrupo 6.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

10.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

10.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de restauración de cuberta vexetal e tratamentos silvícolas no concello da Veiga; monte Mariñas, Outeiro e outros pertencentes ó concello de Oia; monte As Nubiñas e outros nos concellos de Laza e Montederramo; montes Pena e Confurco de Fruime pertencentes os concellos de Rianxo e Lousame; monte Costa Galleiro e outros pertencentes ó concello de Pazos de Borbén; tratamentos silvícolas nos termos municipais de Baralla, Sarria, Láncara, Bóveda, Pantón e O Saviñao e monte A Pica e outros pertencentes ós concellos de Laza e Castrelo do Val, a documentación xeral deberá constar nun só sobre A, e no seu exterior deberán figurar relacionadas as obras ás que se presenten proposicións, e no seu interior a acreditación da clasificación esixida para cada unha delas.

11. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Admón. Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente