1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: tratamentos silvícolas nos termos municipais de Baralla, Sarria, Láncara, Bóveda, Pantón e O Saviñao pertencentes á provincia de Lugo.
2.2. Prazo de execución: sete (7) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: trinta e dous millóns cento seis mil corenta e tres (32.106.043) pesetas (192.961,20 euros) IVE incluído.
5. Fianza provisional: non se esixe.
6. Fianza definitiva: 4% do orzamento da contrata: un millón duascentas oitenta e catro mil duascentas corenta e dúas (1.284.242) pesetas (7.718,45 euros).
7. Obtención da documentación.
7.1. Copistería Copy Nino.
7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.
7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15701.
7.4. Teléfono: 981 58 89 38.
8. Información.
8.1. Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.
8.2. Teléfono: 981 54 17 49.
9. Requisitos específicos do contratista.
9.1. Clasificación: categoría C, grupo K, subgrupo 6.
10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
10.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
10.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de restauración de cuberta vexetal e tratamentos silvícolas no concello da Veiga; monte Mariñas, Outeiro e outros pertencentes ó concello de Oia; monte As Nubiñas e outros nos concellos de Laza e Montederramo; montes Pena e Confurco de Fruíme pertencentes ós concellos de Rianxo e Lousame; monte Costa Galleiro e outros pertencentes ó concello de Pazos de Borbén; tratamentos silvícolas nos termos municipais de Baralla, Sarria, Láncara, Bóveda, Pantón, O Saviñao, e monte A Pica e outros pertencentes ós concellos de Laza e Castrelo do Val, a documentación xeral deberá constar nun só sobre A, e no seu exterior deberán figurar relacionadas as obras ás que se presenten proposicións, e no seu interior a acreditación da clasificación esixida para cada unha delas.
11. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2000.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente