Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 25 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifican as citacións para comparecencia no EVO de Vigo (Pontevedra), sobre pensións non contributivas da Seguridade Social relacionadas no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, trala devolución polo servicio de correos das citacións para comparecer no equipo de valoración de Vigo (Pontevedra), en relación coas solicitudes de pensión non contributiva de invalidez dos relacionados no anexo, reitéranse as ditas citacións pola delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Prócedese por este edicto, a unha nova citación de comparecencia no EVO de Vigo (rúa Conde de Torrecedeira, nº 99 baixo). De non comparecer a

esta nova citación, procederase á paralización dos expedientes e transcorridos tres meses, producirase a caducidade deles co arquivo das actuacións practicadas en conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 25 de febreiro de 2000.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: José Manuel Valverde Carballo.

DNI:36.151.761

Deberá presentarse na sección de cualificación e valoración de minusválidos do Centro Base de Vigo (Pontevedra), sito na rúa Conde de Torrecedeira nº 99 baixo. Terá que acudir provisto do seu DNI ou outro documento suficiente que acredite a súa identidade. Igualmente, se dispón de informes psicolóxicos, médicos, radiografías, análises recentes, ou calquera outra proba médica relacionada directamente coa súa discapacidade, deberá achegalos.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pensionista: Manuel García Caride.

DNI: 35.837.317

Deberá presentarse na sección de cualificación e valoración de minusválidos do Centro Base de Vigo (Pontevedra), sito na rúa Conde de Torrecedeira nº 99 baixo. Terá que acudir provisto do seu DNI ou outro documento suficiente que acredite a súa identidade. Igualmente, se dispón de informes psicolóxicos, médicos, radiografías, análises recentes ou calquera outra proba médica relacionada directamente coa súa discapacidade, deberá achegalos.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.