Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 25 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución dictada sobre os subsidios para a integración social dos minusválidos da Seguridade Social relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre subsidios para a integración dos minusválidos da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto 383/1984, do 1 de febreiro e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, trala devolución polo servicio de correos a notificación enviada no seu día, notifícaselle ó citado no anexo, a resolución dictada en relación co expediente de subsidio de garantía de ingresos mínimos, axuda

a terceira persoa e mobilidade e compensación por gastos de transporte, pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de esta provincia.

Contra esta resolución poderá interpoñer alegacións, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó desta notificación, achegando documentos ou xustificantes que coide oportunos. Se no prazo indicando non presenta alegacións, a resolución devirá en definitiva. Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada no do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta notificación perante a Dirección Xeral de Servicios Sociais (edificios administrativos San Caetano-15771 Santiago de Compostela) directamente ou a través desta delegación provincial, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo comun, en redacción dada pola Lei 4/1999.

Vigo, 25 de febreiro de 2000.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: Vera Luz Álvarez Fernández.

DNI: 34.872.520.

Resolución: extinción do dereito ó subsidio de garantía de ingresos mínimos, ó subsidio de axuda a terceira persoa e ó subsidio de mobilidade e compensación por gastos de transporte, con data de efectos do 1 de decembro de 1999.

Causa: figurar afiliada e en alta no sistema da Seguridade Social, por desenvolver actividade laboral, desde a data do 3 de xuño de 1992.

Fundamentos de dereito: artigo 29.1º d) do Real decreto 383/1984, establece como requisito non estar comprendido no campo de aplicación do sistema da Seguridade Social. Artigo 41 do Real decreto 383/1984, que establece que os que percibisen prestacións técnicas ou subsidios indebidamente, ou en contía indebida, virán obrigados a reintegra-lo seu importe, sen prexuízo das demais responsabilidades a que houbese lugar.

Cantidade que se vai reintegrar: 2.297.540 ptas. (13.808,49 euros *).

Período de efectos do cobramento indebido: do 1-12-1994 a 30-11-1999.

(* Para esta información utilizouse o tipo oficial de conversión 166,386 ptas./1 euro).