Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 25 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifican as peticións de documentación sobre pensión non contributiva da Seguridade Social relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, trala devolución polo servicio de correos das notificacións sobre peticións de documentación enviadas no seu día, notifícaselles ós citados no anexo, a reiteración da documentación dictada en relación cos seus correspondentes expedientes de pensión non contributiva.

Procédese por este edicto, a reitera-la petición de documentación. De non achegar esta documentación no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, orixinarase a paralización do expediente, e transcorridos tres meses, producirase a súa caducidade, co arquivo das actuacións practicadas, de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 25 de febreiro de 2000.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: Juan Antonio Arena Vera.

DNI: 35.470.585.

Documentación requirida:

Certificado do Padrón Municipal, no que conste expresamente o tempo de residencia legal dos períodos esixidos se é o caso:

1. Residencia legal alomenos durante 10 anos, entre os 16 e a idade de devengo desta pensión.

2. Dous destes 10 anos deberán ser consecutivos e inmediatamente anteriores á data de solicitude. No caso de que estivese empadroado en distintos concellos, para os efectos de cumprir coas datas de residencia legal, deberá presentar certificado de cada concello, ata cubri-los períodos requiridos.

Fundamento de dereito:

Artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pensionista: Manuel Domínguez Rodríguez.

DNI: 53.185.384.

Documentación requirida:

Fotocopia da cartilla bancaria onde conste vostede como titular.

Fotocopia das nóminas do ano 1999 ou certificado da empresa dos ingresos totais estimados para o mesmo ano, con especificación dos descontos efectuados. Referido á súa nai (empresa Comunidade de Propietarios Gregorio Espiño) e seu irmán José Ramón (empresa Vigo Castro).

Fotocopia compulsada do DNI, en vigor do solicitante ou unha copia da súa partida de nacemento.

Fundamento de dereito:

Artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.