Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.449

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 65/2000, do 16 de marzo, polo que se aproba a disolución da agrupación voluntaria dos concellos de Castro de Rei e Cospeito, da provincia de Lugo, para sostemento en común do posto de secretaría.

Os concellos de Cospeito e Castro de Rei en sesións plenarias os días 25 de xaneiro e 15 de febreiro de 2000, respectivamente, adoptaron o acordo de disolve-la agrupación voluntaria, creada polo Decreto 142/1996, do 17 de abril, para o sostemento en común do posto de secretaría, e elevaron o expediente á Xunta de Galicia para a súa resolución.

As peculiares características dos concellos de Castro de Rei e Cospeito en canto á súa poboación e

recursos ordinarios fan que se xustifique a disolución da citada agrupación.

O expediente axústase ó disposto no artigo 167 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

O expediente foi sometido a información pública polo prazo dun mes.

A Delegación do Goberno en Galicia e a Deputación Provincial de Lugo emitiron informes favorables.

A competencia para aproba-la disolución de agrupacións de municipios para o sostemento en común de postos de secretaría correspóndelle á Xunta de Galicia, segundo o disposto no artigo 3 b) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional e artigo 167 da Lei 5/1997, do 22 de xullo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de marzo de dous mil,

DISPOÑO:

Aproba-la disolución da agrupación voluntaria dos concellos de Castro de Rei e Cospeito, da provincia de Lugo, para sostemento en común do posto da secretaría.

Santiago de Compostela, dezaseis de marzo de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais