Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.447

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 61/2000, do 16 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Vigo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de adecuación das ribeiras do río Lagares e melloras estructurais.

O Concello de Vigo, en sesión que tivo lugar o día 27 de setembro de 1999, aprobou o proxecto de adecuación das ribeiras do río Lagares e melloras estructurais e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data en entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 10 de marzo de 2000.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente expropiación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Constan no expediente, por unha banda, informe favorable da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente, e por outra, informe, tamén favorable, da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sinalándose neste último que a execución das obras deberá axustarse ás especificacións técnicas recollidas no Plan especial de rexeneración do corredor natural do río Lagares.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, dada a situación de falta de capacidade de desaugamento que presenta o leito do río Lagares, e que vén provocando continuos asolagamentos nas súas ribeiras.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deli

beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de marzo de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Vigo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de adecuación das ribeiras do río Lagares e melloras estructurais.

Santiago de Compostela, dezaseis de marzo de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais