Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización para o desenvolvemento dos terreos sobrantes da zona ferroviaria de Pontevedra, promovido por Promociones Inmobiliarias Renfapex 2000, S.A.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día vintecatro de xaneiro do ano dous mil acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización para o desenvolvemento dos terreos sobrantes da zona ferroviaria de Pontevedra, promovido, mediante iniciativa particular, por Promociones Inmobiliarias Renfapex 2000, S.A., e redactado polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro, visado pola delegación en Pontevedra do COAG en data 6-11-1998, desestimándose, por conseguinte e por ese acto, a alegación de suspensión do procedemento, subscrita por José Sanmartín Vidal en interese e beneficio da Comunidade de Herdeiros de Manuel Sanmartín Fontán e María Vidal Solla en función das motivacións e antecedentes de feito expostos, que se incorporan a ese acto, nos termos do artigo 89.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en atención á comunicación do Servicio de Reversións do Ministerio de Fomento do 18-11-1999.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte o establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da

súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme ó establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte o dereito.

Pontevedra, 4 de febreiro de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral