Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan Parcial SUP 1 Quirós. (Expediente 5254/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 2 de marzo de 2000, acordou aprobar inicialmente o Plan Parcial SUP P.P. 1 Quirós, no núcleo 16.03 B Quirós (expediente 5254/411), presentado por Miraflores Vigo, S.A. e redactado polo arquitecto José Herrero García, con documentación técnica visada polo COAG o 2 de febreiro de 2000.

Procédese ó trámite de información pública do citado proxecto durante o período dun mes a través de publicación no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia. Significando que o prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 16 de marzo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo