Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (453/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 9 de marzo de 2000 adoptou, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación da zona 8 do SU-25 por petición de Juan Carlos Vázquez Vázquez, en representación de Botas y Juan Carlos, S.L., debendo adaptarse a aliñación da zona superior á fixada polo Servicio de Enxeñería.

2. Establecer como sistema de actuación o de compensación.

De conformidade co disposto nos artigos 120 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 20 de marzo de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente