Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

Que o Concello Pleno, con data do vinteoito de xaneiro de dous mil, aprobou definitivamente a modificación do PXOU, na unidade de actuación nº 3-Campo da Festa-redactada polos servicios técnicos municipais.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer-los seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición perante o mismo órgano que dictou o acto, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Sen embargo, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

Se a resolución é expresa o recurso contencioso-administrativo poderase interpoñer no prazo de dous meses, se é presunta o prazo para interpoñe-lo devandito recurso será de seis meses.

c) Calquera outro recurso que se considere oportuno e sexa procedente interpoñer.

Narón, 8 de febreiro de 2000.

Xoán Gato Díaz

Alcalde