Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 18 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios 67/1999.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non

esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da presente publicación e unha vez producida a firmeza desta resolución -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 18 de febreiro de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 67/1999 I.

Denunciado: Manuel González Vázquez.

DNI: 34.426.883.

Último enderezo coñecido: rúa Costeira, Carballeda de Avia (Ourense).

Feito denunciado: queima de rastrollos e monte baixo: 4 m, sen autorización.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 137 b) do Regulamento do 23 de decembro de 1972 da Lei sobre incendios forestais do 5-12-1968, en relación coa Resolución do 21-12-1998.

Sanción: 10.000 pesetas.