Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 18 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores de incendios 74 e 83/1999.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta noficación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18, 5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non se resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sanción indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda,

farase efectiva na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 18 de febreiro de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXOS

Expediente: 83/1999 incendios.

Denunciado: Manuel Corral Naval.

Último enderezo coñecido: rúa Fonte do Monte nº 9.

Feito denunciado: queima sen autorización e en época de máximo perigo ardendo sobre unha área de superficie arborada con piñeiros entre 30 e 35 anos de idade, afectando coma danos nun poste do tendido eléctrico e un anaco de panal carbonizado dun avesporeiro.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 138 a) do Regulamento do 23 de decembro de 1972, en relación coa Resolución do 21 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 1999.

Sanción: 100.000 pesetas.

Expediente: 74/1999 incendios.

Denunciado: Ubaldo Rodríguez Campos.

Último enderezo coñecido: rúa Pino nº 26, Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: queima de matogueiras e papeis sen autorización e en época de máximo perigo.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 138 a) do Regulamento do 23 de decembro de 1972, en relación coa Resolución do 21 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 1999.

Sanción: 51.000 pesetas.