Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 29 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións dos expedientes 16/1999 e 179/1997.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) notifícaselles con carácter de urxencia ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código Civil.

Os interesados poderán interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Pontevedra que corresponda, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e adolescencia.

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Familia, Infancia e Menores da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Nº expediente: 1999/16.

Interesados: Luis Otaegui Araújo. Raquel Araújo Vareiro.

Domicilio: descoñecido.

Asunto: actuación administrativa.

Expediente: 179/1997.

Interesado: Manuel Rodríguez Martínez.

Domicilio: descoñecido.

Asunto: actuación administrativa.

Vigo, 29 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra