Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción ó artigo 26 e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación persoal.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 0201021083 da Caixa Pontevedra O.P. de Vigo, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa firme. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Germán Adrio Sobrido 6 baixo en Pontevedra.

Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Malia o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da citada lei, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, pode formular recurso de alzada ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que se presente, a resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Pontevedra, 2 de marzo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: 247-1999.

Denunciado: Víctor M. Fernández González.

Enderezo: r/ Jesús Fernández 9, Vigo.

Establecemento: Café Bar Copa Dorada.

Sanción: 20.000 ptas.

Nº de expediente: 169-1999.

Denunciada: Matilde Regueiro Domínguez.

Enderezo: r/ Torrecedeira 38, Vigo.

Establecemento: Taberna Furancho do Perdido.

Sanción: 20.000 ptas.

Nº de expediente: 191-1999.

Denunciado: Carlos Otero Souto.

Enderezo: r/ Serafín Pazo s/n, A Estrada.

Establecemento: Cafetería Metrópoli.

Sanción: 15.000 ptas.

Nº de expediente: 200-1999.

Denunciado: Carlos Otero Souto.

Enderezo: r/ Serafín Pazo s/n, A Estrada.

Establecemento: Cafetería Metrópoli.

Sanción: 20.000 ptas.

Nº de expediente: 203-1999.

Denunciado: Carlos Otero Souto.

Enderezo: r/ Serafín Pazo s/n, A Estrada.

Establecemento: Cafetería Metrópoli.

Sanción: 20.000 ptas.

Nº de expediente: 225-1999.

Denunciado: Carlos Otero Souto.

Enderezo: r/ Serafín Pazo s/n, A Estrada.

Establecemento: Cafetería Metrópoli.

Sanción: 50.000 ptas.