Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas nos expedientes sancionadores de residuos 98/0071 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedemen

tos sancionadores que se instrúen por infracción administrativa da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consellería, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó conselleiro de Medio Ambiente, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9).

A Coruña, 21 de febreiro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: R-98/0071.

Denunciado: Manuel Javier López Santiago.

DNI: 14562842.

Último enderezo coñecido: Avda. Fisterra, 260, 15010 (A Coruña).

Feitos denunciados: abandonar e depositar incontroladamente residuos tóxicos e perigosos.

Tipificación Lei 10/1998 de residuos: artigo 34.3º 1) en relación co artigo 34.2º b); cualificación: grave.

Sanción proposta: 1.000.001 ptas.

Expediente: R-98/0082.

Denunciado: Gerardo Rozado Vilariño.

DNI: 10016763 X.

Último enderezo coñecido: San Rosendo, 8, 1º, 15007 (A Coruña).

Feitos denunciados: vertedoiro clandestino no lugar de «O Bosque», A Grela.

Tipificación Lei 10/1998 de residuos: artigo 34.3º b); cualificación: grave.

Sanción imposta: 250.000 ptas.

Expediente: R-99/0386.

Denunciado: José Manuel Teixeira González.

DNI: 32568174.

Último enderezo coñecido: Fajardo, 35-37, 15405 Ferrol (A Coruña).

Feitos denunciados: queima de gran cantidade de mangueiras de goma sen autorización.

Tipificación Lei 10/1998 de residuos: artigos 34.3º b) e 34.3º a); cualificación: grave.

Sanción proposta: 100.001 ptas.

Expediente: R-99/0393.

Denunciado: Andrés Feal Iglesias.

DNI: 32546016 G.

Último enderezo coñecido: Avda. Seixo, 75, 15620 Mugardos (A Coruña).

Feitos denunciados: vertedeiro incontrolado de residuos en leira para o seu recheo.

Tipificación Lei 10/1998 de residuos: artigos 34.3º a) e 34.3º b); cualificación: grave.

Sanción proposta: 100.001 ptas.