Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da subestación dos parques eólicos de Muras I e II. (Expediente 4/2000).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos artigos 8 e 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Sistemas Energéticos Muras, S.A.

Enderezo social: Praza do Concello s/n 27836 Muras (Lugo).

Denominación: proxecto subestación parques eólicos Muras I e Muras II.

Situación: concello de Muras (Lugo).

Descricións técnicas: subestación transformadora 20/132 kV de dúas posicións para evacuación de enerxía producida nos parques eólicos de Muras I e Muras II, composta por dous transformadores principais 20/132 kV de 30 MVA ONAN de potencia

nominal cada un e un transformador para servicios auxiliares 20/0,42-0,24 kV de 50 kVA de potencia nominal unitaria cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súa alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 28 de febreiro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo