De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o con
trato de servicios arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licitadores, pode ser adquirido no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 44 00), faise público:
1. Obxecto: o deseño, a confección, a maquetación, a impresión e maila distribución por tódolos centros de ensino público e privado de Galicia e dos lugares do resto de España e do estranxeiro que se designen, de:
6.000 exemplares dos números 27, 28 (dous tomos) e 29 da Revista Galega do Ensino no ano 2000 e
6.000 exemplares dos números 30, 31, 32 e 33 da Revista Galega do Ensino no ano 2001.
2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia.
3. Orzamento: 46.000.000 de ptas., IVE incluído.
4. Garantía provisional: 920.000 ptas.
5. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 6 e 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, a documentación será presentada no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
7. Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 10 horas do terceiro día contado a partir do seguinte ó do prazo de presentación especificado no punto anterior.
8. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.
Manuel Regueiro Tenreiro
Director xeral de Política Lingüística