Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.405

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE XIXÓN

EDICTO de notificación 161/2000.

Eu, Carmen Villar Sevillano, secretaria xudicial do Xulgado do Social número un de Xixón, fago saber que no procedemento de demanda 161/2000 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Fremap Mutua de Accidentes, contra a empresa Nova Boroña, S.A., sobre prestacións, se dictou resolución con data do sete de febreiro do dous mil, cunha parte dispositiva que, copiada no necesario, é do teor seguinte:

«Proposta de providencia.

S.Sª a secretaria xudicial, Carmen Villar Sevillano.

En Xixón, o sete de febreiro de dous mil.

Presentada a anterior demanda, admítese a trámite. Cítanse as partes ós actos de xuízo e, de se-lo caso, ó previo de conciliación, que terán lugar en única convocatoria na sala de audiencias deste Xulgado do Social, sito en Xixón, r/ Decano Prendes Pando, o día vintesete de marzo de 2000, ás 10.03 da mañá. Déaselle/s traslado da copia da demanda e dos demais documentos ó/s demandado/s. Advírtense as partes de que deberán concorrer ó xuízo con tódolos medios de proba dos que intenten valerse, así como cos documentos pertencentes ás partes que fosen propostos como medio de proba pola parte contraria e os admita este xulgado, poderán considerarse probadas as alegacións feitas pola contraria en relación coa proba admitida se non se presentasen sen causa xustificada.

Advírtese de que se o demandante, citado en forma, non comparecese nin alegase xusta causa que motive a suspensión do xuízo, terase por desistido da súa demanda, e de que a incomparecencia inxustificada do demandado non impedirá a realización do xuízo, que continuará sen necesidade de declara-la súa rebeldía.

Modo de impugnala: por medio da presentación de recurso de reposición ante este xulgado dentro dos tres días hábiles seguintes ó da súa recepción. A soa interposición suspenderá a executividade do que se acorda (artigo 184-1 da Lei de procedemento laboral).

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Nova Boroña, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no BOP».

En Xixón, o nove de marzo de dous mil.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentencia, ou que se trate de emprazamento.

A secretaria xudicial

Rubricado