Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.405

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2000 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de física da materia condensada, do departamento de Física Aplicada, a Ramón Gómez Gesteira (praza 8/1999).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución da Universidade de Vigo do 9 de marzo de 1999 (BOE do 2 de abril), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de física da materia condensada, do departamento de Física Aplicada, a favor de Ramón Gómez Gesteira, con documento nacional de identidade número 35.306.069, e cumprindo o inte

resado os requisitos do epígrafe 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ramón Gómez Gesteira profesor titular de universidade da área de coñecemento de física da materia condensada, do departamento de Física Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 8 de marzo de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo