Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.382

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000 de delegación de competencias do presidente do Instituto Galego de Consumo no xerente para a realización de gastos dos capítulos 1 e 2.

Por Resolución do 23 de marzo de 1998 do presidente do Instituto Galego de Consumo delégase no xerente do organismo a autorización de gastos

e disposición de créditos, así como o recoñecemento de obrigas e a ordenación de pagamentos, relativos ós capítulos 1 gastos de persoal e 2 gastos en bens correntes e servicios ata os límites dos créditos autorizados que figuran no orzamento do organismo autónomo.

Por ordes do 24 de xaneiro de 2000 da Consellería de Industria e Comercio prodúcese o cesamento e nomeamento do presidente do Instituto Galego de Consumo e, polo tanto, o cambio de titular da presidencia do organismo.

Como consecuencia, con base no artigo 7 da Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo, do artigo 72.4º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e do artigo 13 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

RESOLVO:

Artigo único.-Confirmar expresamente a delegación de competencias efectuada por Resolución do 23 de marzo de 1998 do Instituto Galego de Consumo, do presidente no xerente, relativa á autorización de gastos e disposición de créditos así como o recoñecemento de obrigas e a ordenación de pagamentos, relativos ós capítulos 1 gastos de persoal e 2 gastos en bens correntes e servicios ata os límites dos créditos autorizados que figuran no orzamento do organismo autónomo.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2000.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo