Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de marzo de 2000 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CIXTEC dunha praza de administrativo.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG número 55, do luns, 20 de marzo de 2000, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 3.816, no anexo I, punto 2.3, onde di: «Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos polo tribunal», debe dicir: «Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos polo tribunal e será necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 2,5 puntos».