Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000 pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento negociado con publicidade, dunha asistencia técnica para a realización dun estudio de viabilidade dunha empresa de fabricación de derivados do caucho.

O Igape anuncia a contratación dunha asistencia técnica para a realización dun estudio de viabilidade dunha empresa de fabricación de derivados do caucho .

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro s/n 15703 Santiago de Compostela, teléfono 981 54 11 01, fax 981 54 11 20.

b) Número de expediente: C.P. nº N6/2000.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica de realización dun estudio de viabilidade dunha empresa de fabricación de derivados do caucho.

Prazo de execución: segundo oferta técnica, e como máximo un mes desde a formalización do contrato ou desde o inicio da execución, en caso de ser anterior.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado con publicidade.

4. Orzamento máximo de licitación: 9.280.000 ptas. (nove millóns duascentas oitenta mil pesetas), IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Barrio de San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 11 20.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.

8. Presentación das proposicións:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo día natural seguinte á publicación do anuncio de contratación no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da proposición mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de proposicións, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa proposición: corenta e cinco días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das proposicións: ás 11 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de proposicións procederase á apertura das proposicións presentadas na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

10. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica