Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 99/0081 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5 de agosto) e do seu regulamento, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta

notificación, para formular cantas alegacións crea pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sito no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que obran no expediente, remitiranse ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9).

A Coruña, 21 de febreiro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-99/0081.

Denunciado: Santiago Villaverde Rey.

DNI: 76.356.437 W.

Último enderezo coñecido: Loureiros, 10, 15100 Carballo (A Coruña).

Feitos denunciados: pescar doce troitas de tamaño inferior ó regulamentario.

Tipificación: artigo 33.9º da Lei de pesca en concordancia co artigo 90.9º do seu regulamento; cualificación: leve.

Sanción proposta: 22.000 ptas.

Expediente: P-99/0159.

Denunciado: Diego Paz Martínez.

DNI: 34.893.635 J.

Último enderezo coñecido: Avda. Vilaboa, 3, IB, A Corveira, 15189 Culleredo (A Coruña).

Feitos denunciados: navegar nunha embarcación polo couto de pesca do río Iso.

Tipificación: artigo 33.8º da Lei de pesca en concordancia co artigo 90.8º do seu regulamento; cualificación: leve.

Sanción proposta: 10.000 ptas.

Expediente: P-99/0165.

Denunciado: José Luis Vázquez Prado.

DNI: 46.895.640 C.

Último enderezo coñecido: San Isidro, 4, 15007 A Coruña.

Feitos denunciados: pescar cangrexos con artes non permitidas.

Tipificación: artigos 34.5º da Lei de pesca en concordancia co artigo 91.5º do seu regulamento; cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 50.001 ptas. Inhabilitación: un ano.