Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 28 de febreiro de 2000, certificación expedida polo secretario da devandita confederación, Rafael Sánchez Sostre, avalada co visto e prace do presidente, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade pola asemblea xeral ordinaria na reunión celebrada o día 23 de febreiro de 2000, e que consiste nunha nova redacción dos estatutos.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral Relacións Laborais