Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TABOADA

ANUNCIO.

Na sesión ordinaria realizada pola Comisión de Goberno o día 14 de marzo de 2000 aprobouse o prego de cláusulas administrativas para a contratación, por concurso en procedemento aberto, da adquisición de solo industrial con destino á construcción dun parque empresarial, que será publicado integramente no BOP. O que se expón ó público na secretaría deste concello, por espacio de oito días naturais, para efectos de exame e reclamacións.

Todas aquelas persoas interesadas na presentación de proposicións deberán facelo no prazo de trece días naturais contados a partir da última publicación.

Taboada, 14 de marzo de 2000.

O alcalde

Rubricado