Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2000 pola que se anuncian concursos de ideas.

1. Selección de mellores propostas de quioscos (para a prensa, once e calquera outro tipo) situados na vía pública do ámbito do núcleo histórico da cidade de Santiago de Compostela.

Pode propoñerse unha tipoloxía de quiosco adaptable ós distintos usos posibles e ás súas características específicas (ONCE) ou distintas ideas e deseños segundo o uso previsto.

Premios: establécese un primeiro premio de 300.000 ptas., podendo recoñecerse a calidade doutros traballos coas mencións que o xurado considere oportuno outorgar.

En caso de executarse algunha das propostas premiadas, o Concello de Santiago de Compostela encargaralle ó seu autor a redacción do correspondente proxecto técnico.

2. Selección das propostas máis axeitadas para a supresión de barreiras arquitectónicas no acceso ós espacios públicos dos seguintes edificios singulares do núcleo histórico da cidade de Santiago de Compostela: catedral e pazo arcebispal, San Martiño Pinario, igrexa da Compañía (universidade), San Domingos de Bonaval.

Premios: establécese un premio de 300.000 ptas. para cada un dos edificios, podéndose recoñece-la calidade doutros traballos coas mencións que o xurado considere oportuno outorgar.

Inscrición e cota: non será necesaria a inscrición previa nin o pagamento de cota.

Admisión e data de presentación: poderán participar nos concursos de ideas todas aquelas propostas que sexan presentadas no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela no prazo de noventa días naturais, que comezará a contar e se entenderá aberto desde o día seguinte á data da última das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Bases: Concello de Santiago de Compostela. Departamento de Urbanismo. Teléfono 981 54 23 54.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado