Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: ten por obxecto a reparación dos camiños, limpeza de foxos, reparación de firme e regas asfálticas en vías públicas do municipio.

Tipo de licitación: 80.000.000 de ptas., IVE incluído.

Financiamento: o gasto irá con cargo á partida 51160103/2000.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será ata o esgotamento da cantidade orzamentaria no exercicio económico de 2000.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela dentro do prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponde facer no DOG e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación, Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Rúa Nova de Abaixo, 19-21. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 33 85.

Clasificación do contratista: grupo A-1, A-2 e G-6, categoría e.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 14 do prego de condicións.

Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público no Concello de Santiago de Compostela (Secretaría) ás 12 horas, do quinto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposicións:

Don/Dona... con domicilio en... rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de... DNI ou CIF nº... e domicilio...) toma parte no concurso por procedemento aberto para adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de... e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de... ptas., que supón unha baixa de... ptas., con respecto ó tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte na contratación do concurso... presentada por...

En ... o... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado