Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de equipamento con destino ó colexio Calvo Sotelo. (Expediente 00/1394 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de equipamento con destino ó colexio Calvo Sotelo.

Lugar de entrega: colexio Calvo Sotelo.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 8.830.500 ptas., 53.072,37 euros, desagregado en 5 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación de cada lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación, teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 15 de marzo de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña