Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.238

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a Fernando Guillermo Isasi Vicente (praza 21/1999).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución da Universidade de Vigo do 18 de maio de 1999 (BOE do 8 de xuño) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a favor de Fernando Guillermo Isasi Vicente, con documento nacional de identidade número 13.119.236, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Fernando Guillermo Isasi Vicente, profesor titular de universidade

da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 28 de febreiro de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidad de Vigo