Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.239

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE PADRÓN

EDICTO (275/1993).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, fago saber:

Que ante este xulgado de referencia, co número 275/1993, se tramita xuízo voluntario de testamentaría, por instancia de Generosa Torrado Blanco, representada polo procurador Paz Montero, sendo interesados Carmen Rois Torrado, representada polo procurador Raposo Quintas; Selmira Rois Torrado, Delfina Rois Torrado, Leonor Rois Torrado, e os herdeiros do falecido Adolfo Torrado Blanco, e nos que se dictou auto que aproba as operacións particionais cunha parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva: que procede aproba-las operacións divisorias practicadas polo contador partidor dirimente Xesús Maroño Barreiro no caderno particional incorporado a estes autos con data do 1 de marzo de 1999, respecto do haber hereditario

de Francisco Torrado Fernández e Perfecta Blanco, debendo estas ser protocolizadas, ante o notario correspondente, e facendo entrega a cada un dos interesados do que nelas fora adxudicado e os títulos de propiedade, en canto sexa firme esta resolución. Notifíqueselles esta resolución ás partes e, en canto sexa, procédase ó arquivo deste expediente, logo da desagregación de documentos e efectuadas as correspondentes anotacións nos libros deste xulgado. Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días. Conforme: a xuíza. Dou fe, o secretario».

E para que lles sirva de notificación ós interesados en paradoiro descoñecido, Delfina Rois Torrado, Leonor Rois Torrado e herdeiros de Adolfo Torrado Blanco, expido e asino o presente edicto en Padrón o 24 de maio de 1999. Dou fe.

O secretario xudicial

Rubricado