Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.237

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2000 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos a prazas de profesorado desta universidade convocadas por Resolución do 20 de xullo de 1999 (31/1999) e 10 de agosto de 1999 (33 e 34/1999).

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e realizado o sorteo establecido no artigo 6.6 do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolveran os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocadas por resolución da Universidade de Vigo do 20 de xullo de 1999 (BOE do 24 de agosto) e 10 de agosto de 1999 (BOE do 11 de setembro) que son as que se relacionan como anexo a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra este resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade,

nun prazo de quince días hábiles a partires do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 25 de febreiro de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº praza: 31/1999.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: fisioloxía.

Comisión titular.

Presidenta: María Pilar Fernández Otero, catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Cristina Nicolau Llobera. Profesora titular de escola universitaria. Universidade de Illes Balears.

Vocais: María Eugenia Muñoz Bermejo, catedrática de escola universitaria. Universidade de Salamanca.

Cristina Ripoll Orts, profesora titular de escola universitaria. Universidade Miguel Hernández.

Pilar García de la Rubia Moral, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Alcalá de Henares.

Comisión suplente.

Presidente: Francisco J. Marcó Bach, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: José A. López García, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Alcalá de Henares.

Vocais: Fernando Cordido Carballido, catedrático de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Antonia A. Gómez Conesa, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Murcia.

M. Carmen Ariznavarreta Ruiz, profesora titular de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Nº praza: 33/1999.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: traducción e interpretación.

Comisión titular.

Presidente: Joan Fontcuberta Gel, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vocal secretario: Carlos Garrido Rodríguez, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: Mª Carmen A. Vidal Claramonte, catedrática de universidade. Universidade de Salamanca.

Isabel Pascua Febles, profesora titular de universidade. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Juan Pablo Arias Torres, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

Comisión suplente.

Presidente: Roberto Dengler Cassin, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Vocal secretario: Óscar Díaz Fouces, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: José Miguel Santamaría López, catedrático de universidade. Universidade do País Vasco.

Pilar Civera García, profesora titular de universidade. Universidade Jaume I.

Amalia Rodríguez Monroy, profesora titular de universidade. Universidade Pompeu Fabra.

Nº praza: 34/1999.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Comisión titular.

Presidente: Alberto Gago Rodríguez, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretario: Manuel Mª Varela Lafuente, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: Manuel Jaén García, catedrático de universidade. Universidade de Almería.

Javier Martínez Peinado, profesor titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Mercedes Vallejo Escudero, profesora titular de universidade. Universidade do País Vasco.

Comisión suplente.

Presidente: Xosé C. Arias Moreira, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretario: Juan Surís Regueiro, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: Juan Ramón Cuadrado Roura, catedrático de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Fernando Brunet Cid, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Miguel Ángel Puchades Navarro, profesor titular de universidade. Universidade de Valencia.