Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.237

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2000 pola que se convoca, polo sistema de libre designación, un posto vacante do cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente.

Este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 6 da Lei 3/1995, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, resolve convoca-la libre designación do antedito posto, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

1. Requisitos dos candidatos.

Poderán concursa-los funcionarios de carreira que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo.

2. Solicitudes.

2.1. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2.2. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela (sito no Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro s/n), no rexistro do Campus de Lugo (sito na Vicexerencia, Avda. Bernardino Pardo Ouro, s/n, polígono de Fingoi), ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.3. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado.

3. Méritos.

Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae, e xustificar debidamente os méritos que aleguen.

4. Adxudicación de postos.

No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento ó que figure adscrito.

5. Norma derradeira.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2000.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: secretaría do vicerrector de Ordenación Académica e Titulacións.

Quenda: mañá.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Localidade: Santiago de Compostela.

Complemento específico: 556.068 ptas.